Grao en Turismo
Características
Área de coñecemento
Coordinación del título
Descrición
Este grao forma profesionais en materia turística que son quen de contemplar as necesidades da xestión empresarial e o uso turístico dos recursos naturais e culturais, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co turismo (mercadotecnia, xestión empresarial, planificación estratéxica, idiomas, xestión de aloxamentos e restauración, economía ambiental, comercio internacional, xeografía, socioloxía …), coa capacidade de liderar novos proxectos e adaptarse a unha contorna en rápida evolución.
Saídas profesionais
- Organizacións do sector turístico
- Dirección corporativa e institucional de empresas do sector
- Intermediarios turísticos
- Dirección de axencias de viaxes
- Dirección de entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais relacionadas có ámbito turístico
Obxectivos xerais da titulación
-Abordar aspectos esenciais para o desenvolvemento das vantaxes competitivas con relación a produtos e destinos.
-Xerar perfís de especialización específicos que contemplen tanto as necesidades de xestión empresarial como a xestión de aspectos colectivos e, en particular, o aproveitamento turístico dos recursos naturais e culturais.
-Crear as condicións para o desenvolvemento de liñas de investigación de carácter transdisciplinario, multidisciplinario e interdisciplinario.
-Responder ás necesidades de formación existentes facilitando o coñecemento de instrumentos útiles para a toma de decisións no contexto actual do turismo.
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
O Grao en Turismo está enfocado a persoas que senten interese por diferentes culturas, que teñen habilidades comunicativas e facilidade para aprender novos idiomas; son quen de traballar en equipo en campos multiculturais, teñen iniciativa, son creativas e teñen disposición para servir.