Liñas de especialización

A Universidade de Vigo aposta pola especialización, con catro grandes líñas, que abranguen diferentes áreas e capacidades da súa contorna. Estas liñas promoven a investigación de excelencia, a internacionalización do coñecemento e as relacións entre universidade e sociedade, favorecendo a transferencia do coñecemento xerado na universidade ao tecido productivo.

 

    Logo Campus da Auga

    Campus da Auga (Ourense)

    Constitúe un campus en temáticas relacionadas coa auga, con capacidade para expandir a investigación e innovación e para obter novas fontes de financiación que aseguren o seu papel na comunidade internacional de educación superior.

    Ir ao campus de Ourense

     


    Logo Campus Crea

    Campus CREA S2i (Pontevedra)

    Aporta maior singularidade e especialización ao campus, transformándoo nun ecosistema dinámico conectado coa contorna, que dota de identidade as súas áreas de coñecemento: arte, comunicación e creatividade; deporte, saúde e benestar; innovación social e xestión pública; medio ambiente e natureza.

    Ir ao campus de Pontevedra

     


    Logo Vigo Tecnolóxico

    Vigo Tecnolóxico (Vigo)

    Reúne as competencias científicas e tecnolóxicas da UVigo nos ámbitos biomédico, telecomunicacións, industria e enerxía e aeroespacial, para crear e transferir coñecemento e innovacións baixo un enfoque cooperativo multi e inter-disciplinar.

    Ir ao campus de Vigo

     


    Logo Campus do Mar

    Campus do Mar (Vigo)

    Reúne grupos de investigación do ámbito mariño e marítimo, co obxectivo de formar aos mellores profesionais en ciencias do mar; xerar investigación de calidade e impacto internacional; e proporcionar á industria as ferramentas para mellorar a súa competitividade.

    Ir ao campus do mar