Programa de Maiores

O programa de maiores ofrece dous itinerarios, o Ciclo Intensivo e o Ciclo Integrado: 

Ciclo intensivo

Poderán solicitar a preinscrición neste ciclo as persoas maiores de 55 anos nos prazos establecidos na convocatoria

Se a demanda supera a oferta de prazas o sistema de elección será por orde de presentación da solicitude. Se quedasen prazas sen cubrir, poderase admitir alumnado con idades inferiores a 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos.

Documentación

  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte

A inscrición formalizarase on line na seguinte ligazón.

 

 

Ciclo integrado

Poderán formalizar a inscrición no ciclo integrado aquelas persoas que teñan superado o ciclo intensivo ou aquelas persoas que estean en posesión de calquera titulación oficial universitaria e teñan unha idade igual ou superior a 50 anos nos prazos establecidos na convocatoria.

Documentación

  • Fotocopia de DNI, NIE ou pasaporte, de non presentalo con anterioridade ou existir algunha variación de datos.
  • En caso de acceder cunha titulación universitaria deberá documentarse dita titulación.

A inscrición formalizarase online na seguinte ligazón.

 

Como presento a solicitude de inscrición?

Manual de cómo realizar a inscrición no Programa de Maiores1.09 MB