11 de outubro, Día Internacional da Nena

#CamiñoSegura

Campaña da Unidade de Igualdade

Universidad / UVigo - Igualdad 11/10/2019

Camiño Segura é unha campaña da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo que reflexiona sobre a seguridade das mulleres e a súa percepción nos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense. Un punto de partida para que os camiños e o trazado urbanístico dos campus sexan pensados con perspectiva de xénero.

ONU Mulleres lanzou no 2016 a iniciativa “Cidades seguras e espazos públicos seguros para mulleres e nenas” para deixar constancia e evidenciar o medo á violencia e ao acoso na vía pública que teñen as mulleres só polo feito de selo. Son moitas as iniciativas feministas que duns anos para acó comezaron a pensar en todo o mundo as cidades con perspectiva de xénero, coa realización de marchas exploratorias, a elaboración dos chamados “mapas do medo” para sinalar os puntos negros que crean inseguridade e incomodidade e diversas propostas para eliminalos.

A partir da visión de diversas alumnas que estudan nos tres campus da Universidade de Vigo reflexionamos sobre como se moven as mulleres nos campus pola noite. A que teñen medo? Cales son as zonas onde se sinten máis seguras? Que factores contribúen á sensación de medo e como se poderían atallar para que as mulleres poidan camiñar polo campus sentíndose libres e seguras?

Vídeos #CamiñoSegura

Campus de Ourense

Vídeo 1 | Vídeo 2 | Vídeo 3

Campus de Pontevedra

Vídeo 1 | Vídeo 2

Campus de Vigo

Vídeo 1 | Vídeo 2 | Vídeo 3


Novas relacionadas

 

Máis información:

Unidade de Igualdade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419​
​​​​​​igualdade@uvigo.es