Felicitación de Nadal

Universidad 12/12/2018

Nuns días, sentiremos o espírito do Nadal, brindaremos e, probablemente, caeremos en tentacións contrapostas ás boas intencións para afrontar o novo ano.

Con esta pequena animación elaborada por estudantes da Universidade de Vigo, queremos espallar con música unha felicitación virtual chea de boas vibracións para todos os membros da comunidade universitaria.

Velaquí represéntanse catro dos ámbitos de coñecemento: bailando ao unísono rompen as reticencias do personaxe gris, nesta ocasión masculino e do ámbito xurídico-social, ao que o entusiasmo dos seus colegas consegue, no entanto, contaxiar o ritmo. O quinto ámbito académico está de garda e faise de rogar, mais chegará de seguro.

Somos o lugar onde cremos nas persoas... e, en ocasións, tamén nos trasgos!
 

Podes descargar aquí as felicitacións de Nadal da Universidade de Vigo:

 

 

Máis información