Alba Lopez Bolas
PROFESOR/A AXUDANTE DOUTOR/A
Departamento
Curriculum Vitae
Profesora do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. Doutoramento en Comunicación na Universidade de Vigo (2016), Máster Universitario en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo (2013) e Licenciatura en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo (2011). Conta cun sexenio de investigación e unha avaliación moi positiva no programa Docentia. No ámbito da investigación conta con publicacións en destacadas revistas acerca do marketing dixital, a comunicación corporativa, o ámbito audiovisual e a innovación docente. Actualmente pertence ao grupo de investigación VALOR (Value Linking Organisations) da Universidade de Vigo. No ámbito docente, actualmente imparte as materias "Dirección e xestión de empresas audiovisuais" no Grao de Comunicación Audiovisual e "Organización, xestión e emprendemento" no Grao de Publicidade e Relacións Públicas. Ademais, no ámbito da xestión académica coordinou durante 5 anos o Máster Universitario en Marketing Digital da Universidad Internacional de La Rioja (UNIR), onde impartiu materias sobre marketing e publicidade dixital. Realizou unha estancia internacional na Universidade de Pisa para colaborar na investigación do posicionamento das Denominacións de Orixe da Toscana, con especial relevancia nas mencións de búsquedas con IA xenerativa. Como parte da súa experiencia laboral, conta con máis de 10 anos traballando en áreas de marketing, comunicación corporativa, redes sociais, SEO, SEM e campañas publicitarias para diversas empresas. Ademais, impartiu cursos de innovación metodolóxica para docentes e recibiu un premio ao mellor proxecto de innovación académica de intelixencia artificial.
Docencia
| Titulación | Materia | Nombre | Carác. | Horas |
|---|---|---|---|---|
| 11424 | 19732 | Empresa: Dirección y gestión de empresas audiovisuales | 75.00 | |
| 11429 | 19997 | Gestión de proyectos institucionales | 16.00 | |
| 11419 | 22483 | Organización industrial y procesos en la industria de la madera | 26.00 | |
| 11594 | 53785 | Empresa: Organización, gestión y emprendimiento | 60.00 | |
| P04G071V01 | G071202 | Empresa: Dirección e xestión de empresas audiovisuais | FB | 75 |
| P03G370V01 | G370707 | Organización industrial e procesos na industria da madeira | OP | 26 |
| P07G092V01 | G092304 | Xestión de proxectos institucionais | OB | 16 |
| 11594-SV01 | 53785-S | Empresa: Organización, gestión y emprendimiento | FB | 60 |
| Titulación | Materia | Nombre | Carác. | Horas |
|---|---|---|---|---|
| 11461 | 19300 | Dirección comercial I | 25.00 | |
| V03G020V01 | G020403 | Dirección comercial I | OB | 25 |
| Titulación | Materia | Nombre | Carác. | Horas |
|---|---|---|---|---|
| P04G071V01 | G071107 | Comunicación: Documentación audiovisual | FB | 90 |
Titorías
Tutorías presenciales concertadas
El docente tiene una oferta de tutorías presenciales concertadas durante el periodo Anual (2026/2027). Para concertar una cita puedes hacerlo fundamentalmente a través del correo electrónico o desde tu Secretaría Online.




