Xiana Vázquez Bouzó
PROFESOR/A CONTRATADO/A INTERINO/A - PARCIAL DE 6 HORAS
Contacto
Departamento
Curriculum Vitae
Graduada en Linguas Estranxeiras pola Universidade de Vigo (2015). Máster en Estudos de Xénero pola Universidad de Granada e a University of Hull (2018) e máster en Filosofía Aplicada pola Universitat Autònoma de Barcelona (2019). Doutora en Estudos Ingleses pola Universitat Autònoma de Barcelona (2024) coa tese "Human (In)Edibility and the Human-Eating Monster in the Anthropocene: New Discourses in 21st Century Anglophone Films and TV Series". As súas principais liñas de investigación céntranse nos estudos críticos animais, os estudos de xénero e a análise crítica de textos literarios e fílmicos no ámbito anglófono, especialmente nos xéneros do gótico, o terror e a ciencia ficción. O seu traballo enfócase nas representacións culturais dos animais non humanos, particularmente daqueles que son conceptualizados como monstros na cultura popular occidental. Traballa como profesora de lingua e literatura inglesas, tendo impartido materias de inglés xeral, inglés académico, inglés para fins específicos e literatura vitoriana. Publicou o seu traballo en revistas como Lectora. Revista de Dones i Textualitat ou Miscelánea. Revista de Estudios Ingleses y Norteamericanos. Participou en diversos congresos nacionais e internacionais, compartindo a súa investigación sobre representacións culturais de animais non humanos desde unha perspectiva feminista antiespecista, así como lecturas políticas sobre o non humano na cultura popular.




