PARA ESTUDANTES DO CAMPUS DE OURENSE

Bolsas Ourense Rural

Solicitudes ata o 27 de outubro

UVigo - Becas 21/10/2022

A Universidade de Vigo convoca as Bolsas Ourense Rural destinadas a atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais para o alumnado empadroado en concellos rurais da provincia de Ourense distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 27 de outubro de 2022.

Convocatoria

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal