Protocolo de normalización da sinatura científica
Sabías que?
- O uso de formas diferentes no nome persoal ou no nome da institución nas sinaturas científicas pode ter consecuencias non desexadas no proceso de comunicación científica.
- Os resultados das buscas nas bases de datos bibliográficas varían en función de como aparezan os nomes de persoas e das institucións nas sinaturas das publicacións.
A Universidade de Vigo presenta o Protocolo de normalización da filiación institucional e do nome persoal nas publicacións do persoal vinculado á Universidade de Vigo que recolle unhas normas básicas para a redacción das sinaturas das publicacións científicas, tanto no que se refire ao nome persoal como ao institucional. O seu obxectivo é garantir unha correcta identificación das publicacións nas fontes de información.
Que conseguimos con este protocolo?
Como investigador/a
- Indexar correctamente as nosas publicacións nas fontes de información.
- Distinguir as nosas publicacións das doutras persoas con nome similar.
- Recuperar todas as nosas publicacións na busca por autoría nas fontes de información.
- Obter con máis facilidade as citas e outros indicadores bibliométricos.
- Aumentar a visibilidade e o impacto das nosas publicacións.
Como institución
- Evitar que se omitan publicacións da universidade e dos seus centros de investigación nas fontes de información.
- Analizar con maior facilidade e rigor a produción científica da universidade.
- Aumentar a visibilidade e o impacto das publicacións da universidade e dos seus centros de investigación.
Vídeos: «A sinatura desde distintas olladas»
Persoal investigador e da Biblioteca Universitaria opina sobre a importancia da sinatura na comunicación científica nunha serie de vídeos que se irán publicando ao longo das vindeiras semanas.
Presentación do protocolo
O protocolo presentóuselle á comunidade universitaria o martes 15 de decembro, ás 13.00 h, nun seminario web a través de Campus Remoto no que participaron Belén Rubio, vicerreitora de Investigación e Ana Martínez, responsable da Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria.
Guías da Biblioteca Universitaria
Máis información:
Biblioteca Universitaria
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Campus de Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
+34 986 802 001
refbcp@uvigo.gal
Campus de Ourense
+34 988 387 230
saibco@uvigo.gal