Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil . Conferencia do escritor Ramón Caride
Fecha de celebración:
13 de octubre de 2021 a las 17:00Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Isabel MociñoLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde. Es necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle durante o mes de outubro unha nova edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, que nesta ocasión leva por lema Para ler (n)un mundo sustentábel. Ao longo de catro sesións, futuras mestras e mestres terán a oportunidade de dialogar con creadoras e creadores sobre a súa obra, centrándose nesta ocasión en como nelas se plasma o compromiso por acadar un mundo mellor. Nesta segunda sesión o escritor Ramón Caride falará sobre Onde sustentamos as nosas ficcións? (Ciencia, tradición e actualidade na miña obra).
A actividade, que celebra a súa sétima edición, está organiza como en anteriores ocasión pola profesora da Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo Isabel Mociño, contando co apoio das profesoras Verónica Pousada e Eulalia Agrelo. Para a súa realización, o ciclo volve a ter o apoio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, da Facultade de Educación e Traballo Social e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua, que colabora con esta actividade ao abeiro do convenio que ten coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.