Expo-feira 'A ciencia que vén ten nome de muller'
Fecha de celebración:
31 de mayo de 2024 a las 16:30Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Praza da Ferraría
36001 Pontevedra
España
Tipo de evento
Ao ar libre , Exposición y FeiraEntrada:
De balde No es necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa praza da Ferraría
Asisten: Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra; Demetrio Gómez, concelleiro de Educación; Sandra Bastos, deputada provincial, e Ana Belén Fernández Souto, directora de área do Campus de Especialización Crea
A praza da Ferraría acolle a expo-feira A ciencia que vén, un evento de divulgación que busca achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade de Vigo e contribuír ao fomento de vocacións científicas. Promovida co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Deputación de Pontevedra, así como coa colaboración do Concello de Pontevedra, trátase dun evento aberto ao público infantil, xuvenil e familar, que se desenvolverá entre as 16.30 e as 19.30 horas.
Ao longo deste período, poderán visitarse os 14 postos nos que diferentes grupos de investigación dan a coñecer as súas liñas de traballo a través de obradoiros, xogos e actividades divulgativas. Ademais, no espazo central da feira levaranse a cabo as presentacións dos libros Quero ser investigadora 4 e Minidicionario de xustiza social e a charla A alimentación do futuro? O papel dos insectos na industria alimentaria. O evento completarase cun xogo de rol, con inscrición previa, sobre as consecuencias da crise climática, que terá lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.