Foro Aero. Conferencia 'Retos futuros da industria de UAS'
Fecha de celebración:
5 de febrero a las 17:30Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do EspazoLugar
Rúa Doutor Temes, 1A
32004 Ourense
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde. No es necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de graos do edificio Politécnico
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense arranca a programación do seu ciclo de conferencia divulgativas Foro Aero cunha sesión o mércores 5 de febreiro, ás 17.30, no salón de graos do Edificio Politécnico. Leva por título Retos futuros da industria de UAS e será ofrecida por Rafael Márquez Jiménez, director de desenvolvemento de negocio de Aertec. Trátase dunha empresa que acaba de aterrar en Galicia, de enxeñaría e consultaría internacional especializada en aeronáutica, nada en 1997 e que hoxe desenvolve a súa actividade en aeroportos, na industria aeroespacial e en defensa. É provedor preferente de Airbus en servizos de enxeñería de fabricación e xestión de programas para os seus avións civís e militares. Na súa traxectoria destaca tamén a súa participación en grandes programas aeronáuticos mundiais.