II Xornada interuniversitaria. As mulleres maiores que sofren violencia de xénero: esquecidas ou invisibles?
Fecha de celebración:
3 de octubre a las 10:00Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Yolanda García e Raquel VázquezLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde.Modalidade
PresencialNa sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro
Asisten: Isabel Mociño, decana Facultade de Educación e Traballo Social; Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo; Yolanda García e Raquel Vázquez, coordinadoras da actividade, e Tamara Silva, concelleira de Política Social de Ourense
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle a celebración da II Xornada Interuniversitaria. As mulleres maiores que sofren violencia de xénero: esquecidas ou invisibles? A actividade está coordinada por Yolanda García e Raquel Vázquez e conta co apoio, ademais da citada facultade, da Unidade de Igualdade da UVigo. Ten como obxectivo achegar ao alumnado da Universidade de Vigo e en especial ao da área das ciencias sociais a realidade das mulleres maiores que sofren violencia de xénero, desde unha multiplicidade de enfoques, que serán de utilidade para a súa práctica profesional desde unha perspectiva de xénero.