Inauguración da exposición 'Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Fecha de celebración:

13 de marzo a las 20:00 30 de mayo a las 11:00

Dirigido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externo

Organiza

Facultade de Belas Artes

Lugar

Facultade de Belas Artes

Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Exposición

Entrada:

De balde No es necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, Tayone e o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reflexión sobre a importancia de reabrir a cafetaría do centro, como punto social e de intercambio de ideas para a facultade. 

Promovida co apoio da Deputación de Pontevedra, a exposición poderá visitarse ata o 30 de maio na sala de exposicións do campus, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. A mostra complétase á súa vez co cadro Un berro por Belas Artes, realizado por Laxeiro en 1993 e verase complementada por dúas mostras efémeras con traballos do alumnado, coordinadas por Rapapawn e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre. 

Anótalo en:

Add to Calendar 2025-03-13 20:00:00 2025-03-13 20:00:00 Exposición 'Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita' Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes Facultade de Belas Artes Facultade de Belas Artes Europe/Madrid public