Obradoiros 11F no campus de Ourense
Fecha de celebración:
19 de febrero a las 11:15Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Facultade de Educación e Traballo Social y Escola Superior de Enxeñaría InformáticaLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde. No es necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Edificio de Ferro e no Politécnico
A Facultade de Educación e Traballo Social e a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense, abren as súas portas a arredor de 90 estudantes do IES As Lagoas da cidade. No marco da programación do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, esta actividade tratará de "dar visibilidade ao traballo das investigadoras destes centros e revertir a segregación por estereotipos de xénero nos estudos". Na Facultade de Educación e Traballo Social participarán desde as 9.30 h, na sala Emilia Pardo Bazán, en obradoiros de TICs educativas (robótica, gafas de realidade virtual, croma, etc) ao servizo dunha sociedade máis igualitaria; de radio a prol da coeducación (gravación de microespazos e propostas sobre corresponsabilidade social) e de experimentación no Laboratorio de Didáctica das Ciencias. Na Escola Superior de Enxeñaría Informática, ás 11.15 h na súa aula magna, terá lugar unha mesa redonda interactiva con mulleres de diferentes etapas na súa carreira formativa e profesional. Nela participarán Ana Abad, backend developer en Idealista; Milagros Fernández Gavilanes, profesora do Centro Universitario da Defensa e investigadora; Susana Gómez, CEO en Origami Soluciones; María Novo, profesora e investigadora da ESEI e as alumnas desta escola Antía Rodríguez e Enma Romero.