V Xornada sobre bo uso e mal uso do mar

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Fecha de celebración:

11 de abril de 2019 a las 10:00

Dirigido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externo

Organiza

Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte

Lugar

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios , Conferencias , Exposición y Xornadas

Entrada:

de balde No es necesaria reserva.

No salón de graos de Ciencias da Educación e do Deporte

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, e María Álvarez Lires, coordinadora da xornada

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a V Xornada sobre bo uso e mal uso do mar, que baixo o título de O mar das mulleres: sustentable e produtivo, busca contribuír á mellora dos coñecementos necesarios para desenvolver a comprensión, o uso sustentable e a protección do medio mariño, centrándose nesta edición en examinar e recoñecer o papel das mulleres na xestión sustentable do mar desde todos os ámbitos.

Tralo acto inaugural e a presentación da temática da xornada por parte de Elena Vázquez Cendón, coordinadora da Sección Ciencia Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, a xornada ábrese coa presentación das infografías e materiais didácticos do proxecto O mar das mulleres: sustentable e produtivo, a cargo de María Álvarez Lires e a investigadora María Lorenzo Rial, seguida da inauguración e visita guiada á exposición que reúne os materiais do proxecto e a mostra Sustentabilidade do mar en feminino, promovida pola Deputación de Pontevedra, o Campus de Excelencia Internacional-Campus do Mar e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

A xornada completarase ás 12.00 horas, no salón de graos, coa  conferencia Oceánicas: o papel da muller na oceanografía, a cargo de Ana Morillas, do Centro Oceanográfico de Baleares.

Anótalo en:

Add to Calendar 2019-04-11 10:00:00 2019-04-11 10:00:00 V Xornada sobre bo uso e mal uso do mar Na zona de laboratorios de Ciencias da Educación e do Deporte Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Facultade de Ciencias da Educacion e do Deporte Europe/Madrid public