XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Fecha de celebración:

29 de mayo de 2019 a las 9:30

Dirigido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externo

Organiza

Universidade de Vigo , Universidad de Granada y Universidade de A Coruña

Lugar

Mosteiro de San Martiño Pinario

Praza da Inmaculada, 5
15704 Santiago de Compostela
España

Tipo de evento

Congreso , Investigación y Xornadas

Entrada:

de balde

Modalidade

Presencial

Organizado polas universidades de Granada, Vigo e A Coruña

As universidades de Granada, Vigo e A Coruña organizan, co apoio da Asociación Española de Psicoloxía Conductual (AEPC) o XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (Fecies), que se desenvolve entre o 29 e o 31 de maio no mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Debater sobre a organización das ensinanzas universitarias, a selección do profesorado, a situación do doutoramento ou o proceso de converxencia europea do ensino superior, así como coñecer os plans desenvolvidos por diferentes universidades para potenciar a investigación e diferentes ferramentas para avaliar a calidade da investigación, constitúen os obxectivos dun congreso que prevé reunir a preto de mil persoas.

O foro, que agrupa unha serie de conferencias, mesas de debate e sesións aplicadas, así como preto de 70 simposios convidados, abrirase, tralo acto inaugural, cunha conferencia do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, sobre as dificultades para a captación de talento nas universidades españolas. 

Anótalo en:

Add to Calendar 2019-05-29 09:30:00 2019-05-29 09:30:00 XVI Foro Internacional sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior Organizado polas universidades de Granada, Vigo e A Coruña Mosteiro de San Martiño Pinario Universidade de Vigo Universidad de Granada Universidade de A Coruña Europe/Madrid public