Convertida nun problema global, a difusión de noticias falsas a través das redes sociais ou das plataformas de mensaxería pode combaterse desde diferentes ámbitos, mais só a formación da cidadanía e a súa alfabetización dixital permiten facerlle fronte antes da súa propagación. Con esta idea como punto de partida, o grupo de innovación docente Dixitais, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordina o II Seminario de Alfabetización contra a Desinformación.
20/09/2022