Un 24 de febreiro máis, o campus de Ourense uniuse este mércores á celebración do Día de Rosalía, conmemoración posta en marcha pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Coa publicación dun vídeo de animación do poema da escritora galega Miña santiña arrancou unha programación que levará á Facultade de Educación e Traballo Social do campus a publicar, ao longo das vindeiras semanas, diferentes pezas audiovisuais arredor da homenaxeada.
24/02/2021