Neste segundo cuadrimestre, as aulas de teatro do campus de Ourense continúan a súa actividade no marco da programación de obradoiros de extensión universitaria. 42 persoas, membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela, fórmanse no eido das artes escénicas divididos en varios grupos segundo os seus niveis de coñecemento. Mesturando formación virtual e presencial e respectando as medidas de loita contra a covid-19, as e os alumnos destas aulas manteñen vivo o teatro universitario no campus a pesar da pandemia.
16/04/2021