As rutas de peregrinación foron, sobre todo dende a Idade Media, unha vía de vetebración de territorios e de transmisión cultural e artística. As que hoxe en día perduran supoñen un importante polo de atracción de viaxeiros, aínda que moitas veces as contornas rurais que as rodean quedan á marxe deste impulso turístico. O proxecto europeo rurAllure, liderado pola Universidade de Vigo naceu precisamente co obxectivo de divulgar e poñer en valor a riqueza cultural que rodea as grandes vías de peregrinación de Europa.
08/09/2021