Cando se cumpre un ano da súa posta en marcha, o equipo de aeromodelismo da Universidade de Vigo, UVigo Aerotech, vén de acadar o seu pase para participar “na competición universitaria de enxeñaría aeronáutica máis importante de Europa”, a Air Cargo Challenge. Na cita, que terá lugar en xullo de 2022 en Múnic (Alemaña), UVigo Aerotech competirá cunha aeronave de á fixa non tripulada en cuxo deseño e fabricación están a traballar unha vintena de estudantes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense.
22/02/2021