Como no resto das instalacións universitarias, a crise sanitaria marca o inicio de curso nas bibliotecas e salas de estudo dos campus da UVigo. Coa aplicación de medidas de protección, hixiene e seguridade, como a máscara obrigatoria, as distancias mínimas de 1,5 metros entre os postos e un rexistro de entrada, estes espazos volveron xa a recuperar o seu funcionamento ordinario.
09/09/2020