Información sobre as características morfolóxicas, ciclos de vida e de reprodución, comportamento, períodos de voo e estado de conservación de 37 especies de libélulas. Isto é o que se reúne na Guía das libélulas e libeliñas (orde Odonata) do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, unha publicación de carácter divulgativo realizada polo catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero xunto co biólogo Martiño Cabana e a profesora Anxos Romeo.
04/03/2022