Uns porque decidiron non regresar e outros porque, cando quixeron facelo, xa non puideron. 240 estudantes da Universidade de Vigo seguen, a día de hoxe, fóra de España continuando o curso nas súas facultades de acollida. Outros 215 alumnos da UVigo si regresaron á casa e agora completan o cuadrimestre seguindo, dende España, a docencia en liña das súas universidades de acollida. Seis deles contan ao Duvi como están vivindo esta situación excepcional e que os levou a quedarse ou ben a regresar á casa.
24/04/2020