A que un día foi tamén a súa universidade, a Universidade de Vigo, uniuse este xoves á homenaxe que se lle rende este ano no Día das Letras Galegas a Xela Arias. Familiares, autoridades, membros da comunidade universitaria e futuros mestres e mestras coma a escritora lucense déronse cita nun acto na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense no que, recollendo o gusto de Xela por achegar a poesía a outras artes, a través da palabra, da fotografía e da música se quixo render tributo a esta escritora, poeta, tradutora e mestra.
13/05/2021