Tras o verán, Pontevedra recupera en setembro a súa cita mensual co cinema documental da man de Docs del Mes, un ciclo de cinema de documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 cidades de toda España. Impulsada pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, esta programación retómase o vindeiro luns coa proxección de Como yo quiera (as I want).
17/09/2021