En marzo de 2020 e coincidindo coa celebración do 8M, presentábase no campus de Ourense o estudo Valoracións, percepción e impacto das políticas de igualdade entre mulleres e homes na Universidade de Vigo. Unha das súas principais conclusións era que o 70% dos membros da comunidade universitaria querían mellorar os seus coñecementos sobre igualdade. Desa necesidade naceu o Itinerario Virtual de Formación en Xénero, unha iniciativa formativa da Unidade de Igualdade que xa acada a súa cuarta edición.
22/03/2021