O eclipse de sol que se viviu esta mañá tamén foi seguido desde o campus de Ourense. Na terraza da Biblioteca Rosalía de Castro, os docentes do Obradoiro de Iniciación á Observación Astronómica que cada curso se organiza no campus puxeron a disposición das persoas interesadas varios telescopios cos que seguir a evolución deste fenómeno. O físico José Ramón Salgueiro, director deste obradoiro, e José Antonio Álvarez, presidente da Asociación Astronómica de Ourense, foron os encargados de guiar a observación, que comezou ás 10.45 h (o eclipse comezou ás 10.49 h) e se prolongou arredor dunha hora.
10/06/2021