Por terceiro ano consecutivo, a Facultade de Dereito do campus de Ourense pon en marcha o seu Curso de Actualización Xurídica. A edición 2020/2021 desta iniciativa desenvolverase desde novembro deste ano e ata maio do que vén e contará con sete conferencias, cada unha delas centrada nunha área diferente do dereito pero todas elas abordando temas de carácter transversal e de actualidade no eido xurídico. Atendendo á situación sanitaria provocada pola covid-19, as sesións celebraranse on-line, a través do Campus Remoto da UVigo, e non de xeito presencial, como era habitual.
02/11/2020