En 2021 a Universidade de Vigo convertíase na primeira do Estado en contar con selo que recoñecese aquelas escolas, facultades e centros de investigación que destacasen pola súa loita e esforzo a prol das políticas de igualdade. Pasados tres anos, xa son dez os centros que contan cun Distintivo de Igualdade, unha listaxe á que se incorporaron nesta terceira edición a Facultade de Dereito do campus de Ourense, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo e o centro de investigación atlanTTic.
11/05/2023