A realización dunha curtametraxe é un dos traballos que o alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual ten que desenvolver no marco da materia Guión, produción e realización de ficción, e neste labor contarán co asesoramento de “recoñecidos profesionais do audiovisual galego”.
“Unha viaxe diversa e enriquecedora coa que dar a coñecer as letras francófonas”. Así describen as investigadoras Blanca Miranda, Virginia Ripoll e Carla Figueiras a mostra Voyage à Travers les livres, unha exposición de libros francófonos que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Desde este luns, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle cada tarde a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. Nelas abórdase e reivindícase, desde o académico e o profesional, desde a teoría e a práctica, o papel desta disciplina.
145 estudantes da Escola de Enxeñaría Industrial presentaron este mércores en sociedade 18 proxectos de innovación sobre múltiples temáticas de relevancia social como a sostibilidade, a inclusión, a ética, a seguridade ou a saúde. Fixérono na 22 edición do Congreso de Traballos Colaborativos.
O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional acaba de pór en marcha un programa de mentoría que lle dá a oportunidade ás súas15 alumnas e alumnos de desenvolver o seu máximo potencial profesional da man de tres profesionais con máis de 15 anos de experiencia.
Coa participación de 35 equipos das tres universidades públicas galegas, conformados por preto de 650 estudantes, e competicións de seis modalidades deportivas, que se desenvolveron en cinco instalacións deportivas, Pontevedra acolleu nas xornadas de mércores e xoves o XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
Preto de 650 estudantes das tres universidades públicas galegas participan desde a mañá deste mércores en Pontevedra no XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
O campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da Xornada de educación familiar. O tempo compartido en familia, organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e a Facultade de Educación e Traballo Social.
No presente curso, a Universidade de Vigo impulsaba por primeira vez unha convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparación de competicións internacionais oficiais, na que foron seleccionados tres estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
Realizar un percorrido polas máis de dúas décadas de traxectoria profesional na UE do analista Serafín Pazos foi o obxectivo central do obradoiro que impartiu este luns na Facultade de Dirección e Xestión Pública, no marco das actividades da Cátedra Jean Monnet Institucións europeas e cidadáns.