Todos somos creativos, cada un no seu, pero polo menos nunha cousa. Esta é a teoría, pero na prácticas, a creatividade como calquera outra capacidade hai que fomentala, traballa e potenciala. Baixo esta premisa, a profesora Trinidad Domínguez, impartiu este luns o obradoiro que abriu o Curso de Competencias Directivas, organizado pola Cátedra Bancaja de Xoves Emprendedores. O director da Área de Emprego, José Ignacio Armesto, explicou na inauguración que, con este tipo de iniciativas, preténdese amosar a estudantes e titulados as técnicas e os instrumentos vinculados á dirección e colaboración con persoas e equipos.
26/09/2011