154 inscritos participan dende hoxe no III Congreso Internacional de Balonmán, que, como recoñeceu Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria na súa inauguración, busca formar “non só monitores bos, senón magníficos”. Ata este domingo 10 de abril mesas redondas, conferencias e talleres serán o escenario perfecto para debater sobre o presente e o futuro do balonmán con relatores de recoñecido prestixio nacional e internacional. Así, xa na primeira xornada contan coa presenza de Xesco Espar, campeón de Europa co FC Barcelona, ou o alemán Frank Nörenberg, técnico da IHF, Federación Internacional de Balonmán. David Barrufet, un dos nomes clave no deporte español, será un dos poñentes deste sábado.
08/04/2011