Precisamente por tradicional, o mundo dos instrumentos galegos, e da gaita en particular, é dun dos máis remisos aos cambios e as innovacións que traen as novas tecnoloxías. Por ese motivo, semella a priori difícil de imaxinar a colaboración dun obradoiro tradicional cun grupo de investigación de enxeñaría acústica, pero Idigaita é unha realidade de do proxecto son parceiros a Universidade de Vigo, o Obradoiro Seivane e o CTAG. O obxectivo é unir ciencia e tradición empregando os avances do I+D+i e os laboratorios do grupo de enxeñaría acústica Sonitum na procura de novos materiais para a fabricación das gaitas galegas.
Ao longo dos tres anos de vixencia do proxecto Idigaita, o Obradoiro Seivane encargarase da construción das gaitas, o CTAG dos novos materiais e o grupo de enxeñaría acústica Sonitum da parte máis rigorosa e científica, das medicións acústicas para avaliar o son das gaitas.
25/05/2010