Unha xincana de exposicións conforma o proxecto que o Laboratorio de Investigación de Belas Artes (LIBA) ten preparado para Vigo. Baixo o título Estratexias urbanas deslocalizadas, este colectivo, formado por estudantes de doutoramento da Facultade de Belas Artes, pretende mesturar as súas creacións co ámbito urbano a través dunha exhibición artística repartida por quince puntos da cidade. O acto inaugural desta proposta tivo lugar este venres na Casa Galega da Cultura de Vigo, ao que asistiron Mª del Carmen Cabeza, vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Elvira Larriba, concelleira do PP e o concelleiro de Cultura, e Xesús López, que salientou a capacidade creativa do alumnado de Belas Artes e a súa participación nas actividades culturais. A exposición poderá visitarse dende este venres ata o vindeiro 13 de decembro na Casa Galega da Cultura.
14/11/2009