As fronteiras poden ser unha arma de dobre fío que, no lugar de unir, en moitos casos separan e fan que os habitantes dun e outro lado vivan de costas. Por ese motivo, e debido á proximidade con Portugal, o congreso da Asociación Ibérica de Estudio de Traducción e Interpretación, AIETI, que se celebrará en Vigo entre o 15 e o 17 de outubro farao baixo o epígrafe Traducir na fronteira.
Segundo explica a súa coordinadora e profesora do Departamento de Tradución e Lingüística, Susana Cruces, “esta é a primeira vez que que este congreso está tan preto do país veciño, queremos achegarnos a Portugal e derribar barreiras que nos separan”. O simposio reunirá en Vigo a 87 expertos e investigadores, a maior parte deles de España e Portugal “pero tamén contaremos coa presenza de prestixiosos investigadores de Arxentina, Estados Unidos, Reino Unido, India, Brasil ou Italia”.
08/10/2009