Quen quere, pode. Cámaras domésticas, smartphones ou ordenadores portátiles son aparellos que calquera alumno de Comunicación Audiovisual ten á súa disposición, “polo que calquera persoa con ganas e cunha boa idea pode levar a cabo todo o proceso dende a súa casa”. Con estas palabras, Sandra Sánchez, directora do documental Tralas Luces que se proxectou ao abeiro do Máster Class AUGAL 2011-2012, animou ás novas promesas do audiovisual a levantar proxectos "dende xa" con paixón e esforzo xa que, "a pesar de que a crise económica afecta moitísimo, dispoñen de medios, unha vantaxe que non tivemos outras xeracións", engadiu.
20/12/2011