Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra seguen a traballar da man para darle o pulo necesario ao campus. Este marte, o reitor, Salustiano Mato, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuníronse para asinar o convenio de colaboración para impulsar o I Curso Superior de Dirección Pública Local dirixido a funcionarios desta administración e tratar asuntos en común, como a Escola de Enfermería, a titulación de Enoloxía, Deseño e Moda, ou a rede de cooperación en materia forestal. Neste último punto, desvelaron que xa está definido o Plan Estratéxico que posibilitará a creación entre outubro e novembro dunha rede de investigación forestal que unirá e promoverá as capacidades que ofrecen a Escola de Enxeñería Forestal, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, o Centro de Lourizán e a Misión Biolóxica que posicione a Pontevedra como un gran foco de capacidade en investigación forestal.
02/08/2011