Unha oportunidade para que calquera persoa de fóra de Galicia coñeza máis de preto a cultura e a lingua galegas é o que ofrece, por terceiro verán consecutivo, a Área de Normalización Lingüística da Universidade. Trátase dun curso elemental e outro intermedio, impartidos entre Vigo e Allariz, co obxectivo de que “o alumnado teña un coñecemento completo mergullándose na realidade social, natural e cultural da Galicia costeira e de interior, unha experiencia case única e irrepetible para calquera estudante estranxeiro”, sinala Henrique Costas, director da ANL.
Clases teórico-prácticas, excursións, visitas culturais, conferencias e encontros con persoeiros compoñen o programa destes cursos, que se impartirán, simultaneamente, no mes de xullo.
21/04/2009