En plena carreira por lograr a Universiada de 2013, Vigo acolle esta fin de semana os Campionatos de España Universitarios de Vela e Taekwondo, que traerán á cidade a preto de 300 deportistas de 71 universidades españolas. Simultaneamente, Pontevedra acollerá a modalidade de Orientación, mentres que a de remo tivo lugar a pasada semana en Castrelo de Miño, Ourense.
A Universidade de Vigo é unha das favoritas na modalidade de taekwondo a nivel estatal, é a actual campioa por equipos, un logro que xa conseguira tamén na anterior edición. No caso da vela, batéronse records de participación, xa que se superaron as 18 tripulacións que se establecen como máximo segundo o Regulamento Técnico do Campionato.
06/05/2008