No ano 2000 crea a Cátedra Caixanova de Estudos Feministas, no curso 2006-2007 foi pioneira na implantación dos posgraos de xénero, no 2006 crea a Área de Igualdade, no 2011 puxo en marcha unha comisión específica sobre esta temática… e durante o Consello de Goberno celebrado este luns a Universidade dá outro paso adiante no seu compromiso contra a discriminación de xénero coa aprobación do seu I Plan de Igualdade entre mulleres e homes, un documento que cualifican como “estratéxico”, xa que articula o compromiso político ao máis alto nivel; “transversal”, xa que afecta a toda a comunidade universitaria; e tamén “realista,transparente, participativo, flexible e de mellora continua.
Foi un dos puntos máis destacados dunha intensa sesión na que se aprobaron tamén os nomeamentos como Doutor Honoris Causa do escritor galego Agustín Fernández Paz e do químico Julio Casado Linarejos.
12/11/2012