Neste mes de marzo cumpríronse dez anos do pasamento de Carlos Casares, unha data que o grupo de investigación Bitraga e a Facultade de Filoloxía e Tradución quixeron conmemorar coa celebración dunha mesa redonda na que se abordou a relación do escritor coa tradución. Da man de Gustavo Garrido, director xerente da Fundación Carlos Casares, os asistentes percorreron a biografía do escritor, dende o máis persoal ata o estritamente literario, cun énfase especial na faceta de tradutor “tanto como autor traducido, autotradutor, tradutor doutros autores e, en definitiva, mediador e axente literario fundamental na historia da literatura galega recente”, como explican dende o grupo Bitraga.
26/03/2012