Como aliado natural que é no camiño de que o Campus do Mar se converta en Campus de Excelencia Internacional, a conselleira do Mar, Rosa Quintana concretou co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, a súa implicación e achegas nesta candidatura. Mato e Quintana avanzaron nunha xuntanza as diferentes vías de participación da consellería no Campus do Mar, entre elas a posibilidade de implicación dos centros de Formación Profesional que dela dependen. Por outra banda, na reunión tamén se avanzou na integración do CIMA, Centro de Investigacións Mariñas, no proxecto do Campus do Mar ao tempo que o reitor solicitou a Rosa Quintana, que sexa a súa Consellería a que lidera o Observatorio do Mar de Galicia, “un proxecto transfronteirizo que conxuga á perfección coa vertente internacional do Campus do Mar”.
04/08/2010