Os actos do Día Internacional da Muller trasladáronse hoxe á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, polo que se considerou oportuno abordar o tema da muller e a comunicación. Catro profesores –Anna Amorós, Montserrat Vázquez, Cristina Caruncho e Xesús Laxe– denunciaron como os estereotipos de xénero se trasladan ao eido da comunicación, producíndose un paradoxo, pois, mentres que o alumnado é maiormente feminino, o mercado laboral acolle mellor aos titulados varóns. O programa completouse coa proxección da curtametraxe documental Bata por fóra (muller por dentro) e a inauguración paralela dunha exposición en torno a esta prenda tan popular entre as mulleres galegas.
09/03/2010