Como vén sendo habitual na programación cultural da Vicerreitoría do campus de Pontevedra, este venres inaugúrase un novo ciclo de cine na Casa das Campás, complementando a oferta audiovisual da cidade. Desta volta, buscando ofrecer unha temática alternativa e innovadora, as xornadas tentarán analizar o papel que xogan os sentidos no cinema, tanto dende o punto de vista funcional como temático. “Esta orientación axudará ao espectador a replantexar a súa relación coa instancia audiovisual, focalizando a atención nos actos que constitúen a propia esencia do medio”, reflexiona Xesús Novas, coordinador do ciclo.
19/10/2012