A tan discutida Marca España serviulle a Trinidad Campos para facerse un oco na Academia de la Publicidad nacional. Esta estudante de Publicidade e RRPP no campus pontevedrés vén de recibir o Premio Academia Joven 2012, xunto co seu compañeiro da Universidade Complutense, Sergio García. Co eslogan Spain, inspiration starts here, estes dous mozos publicistas propoñen unha nova imaxe corporativa, un spot televisivo, bocetos de gráficas e novas fórmulas publicitarias como branded content e a colaboración con bloggers así como unha estratexia dixital. “Comezamos por analizar a situación da Marca España e do país en xeral e, a partir de aí, decidimos que o obxectivo principal da campaña fose aumentar o número de inversións estranxeiras”, explica Trinidad Campos.
09/04/2013