Despoboamento, avellentamento da poboación e abandono das actividades vinculadas á agricultura son tres dos factores que definen a realidade actual do rural galego, a xuízo de Isabel Díez, dinamizadora do proxecto RuralActivo e responsable da charla coa que deu comezo a Semana Forestal 2014. De aí que na presentación na Escola de Enxeñaría Forestal deste programa de dinamización socioeconómica de tres parroquias rurais se centrase nas alternativas que permitirían cambiar esa tendencia e que, en moitos casos, pasan por un mellor aproveitamento dos montes a través de iniciativas vinculadas á gandería, ao aproveitamento dos recursos forestais ou á produción de cogomelos.
18/03/2014