Moitas quedaron polo camiño, pero a revista Andaina leva xa vinte e cinco anos debatendo, sen trabas, temas como a violencia contra as mulleres, a discriminación laboral ou o reparto das tarefas domésticas. Froito dese labor son as portadas que ao longo deste tempo teñen saído á rúa e amosan “como o feminismo ten evolucionado”, en palabras da súa directora, Ana Arellano. Unha recompilación das súas portadas está xa exposta na biblioteca central do campus, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, e foi inaugurada este mércores polo vicerreitor do campus, Jesús Hernández, a propia directora da revista, Ana Arellano; Laura Gómez, coordinadora da publicación e Uqui Permui, xefa de deseño.
04/03/2009