Este outono a cidadanía pontevedresa botará de menos as habituais performances das Xornadas de Arte en Acción Chámalle X. Pero non marchan, só se trasladan á Sala X da Facultade de Belas Artes, porque esta oitava edición ten como temática principal os sons que o corpo pode emitir ou fabricar, polo que “non sería apropiado levalas a cabo no espazo urbano, xa que hai moita contaminación sonora”, explicou Carlos Tejo, director das xornadas, de aí que se decantaran por un lugar pechado “para gozar de cheo da expresión sonora dos artistas”, engadiu Tejo.
08/11/2011